Pazo de Familia
Capítulo 37
28/12/2015 22:15 h
Case nada é o que parece. Emilio tiña claro que Carlos era o inimigo que debía bater, pero será posible que o xulgara inxustamente e a súa verdadeira intención sexa axudar os Pardo Veiga?
As aparencias tamén enganan dentro do servizo doméstico. Ante a imposibilidade de intimar con Emilio pola prohibición de dona Leonor, Sara atopa unha nova amizade na persoa máis insospeitada.
Para Tomaso as cousas si que parecen o que realmente son: está sen un can e non hai volta de folla. Iso si, percorrerá os xeitos máis estrambóticos de pagarlles aos seus acredores, aínda que teña que facer pasar a Marisiña por embarazada e a Lolo por un pobre neno de Rusia adoptado.