Pazo de Familia
Capítulo 35
07/12/2015 22:00 h
Emilio precisa de boa prensa agora que ten que pedir un préstamo que os salve do colapso financeiro, pero actuar fóra da lei transformarao naquilo que máis odiou: en alguén como seu pai, César Pardo.
Deli, a irmá de Sara, chega ao pazo. Pero para Sara tela preto non é prato de gusto, xa que a segue a considerar unha egoísta.
Por outro lado, o triángulo amoroso Claudia-Daniel-Iria está a piques de quebrarse. Unha mala noticia fará que un deles tome a decisión definitiva de saír de aí.