CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Paulo Pascual e “Nove de novembro”

16/02/2017 21:00 h

Na súa edición dedicada ao cine e ao audiovisual, “Zigzag Diario” recibirá no estudio a Paulo Pascual quen falará con Pilar G. Rego do seu proxecto de cine musicado ao vivo, sesións en que as proxeccións se acompañan de música que el mesmo compón e interpreta en directo. “Miss Ledyia”, filme de acción galego rodado en 1916, e  o clásico “The Birds”, de Alfred Hitchcock, son as películas sobre as que ten traballado o músico. Ademais, os espectadores poderán ver unha reportaxe sobre un proxecto audiovisual galego en cernes, “Nove de novembro”, para o que o seu director, Lázaro Louzao, busca financiamento a través do micromecenado.  O seu obxectivo é conseguir os 8.000 euros que precisa para sacar adiante o filme, a primeira longametraxe rodada en galego en que a temática homosexual é o elemento central da historia. 

Atopar capítulo por: