Zigzag diario
Paula Quintas, “Fóra do Mapa”, “Give it a Spin” e Galicia Escena Pro
10/06/2016 21:00 h
Paula Quintas, bailarina, coreógrafa e profesional infatigable, estará hoxe no “ZigZag Diario” para falar das distintas “danzas” en que anda metida.
O programa da Televisión de Galicia, dedicado, coma cada venres, á escena, falará nesta ocasión do teatro fóra do teatro. Compañías como Chévere atrévense a tomar outros espazos. Experimentan en “Fóra do Mapa” a reacción do público á interpretación en plena rúa, por Ferrol adiante.
Ademais, o programa cultural ocuparase de “Give it a Spin”, unha montaxe de Pisando Ovos para espazos non convencionais. O diálogo entre unha bailarina e un pica discos, entre Rut Balbís e Jas Processor, estivo presente en Galicia Escena Pro esta mesma semana.