CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Paula Ballesteros / "Amor flexible" de Redrum Teatro / "Anne Sullivan e Helen Keller (a loita pola inclusión social) de Roberto Cordovani

05/06/2015 21:00 h

Nunha nova edición dedicada ás artes escénicas, o programa “ZigZag Diario” conversará este venres coa actriz Paula Ballesteros, que falará das pezas de microteatro que protagoniza baixo a dirección de Carlos Neira: “Na illa branca con Beckett” e “Despois do tranvía”, unha versión do clásico de Tennessee Williams “Un tranvía lllamado deseo”.

Por outro lado, o espazo da tvG2 falará do fin da xira de “Amor flexible”, a última proposta de Redrum Teatro. Esta comedia de enredo, dirixida por Álex Sampayo e con Mela Casal, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo como protagonistas, afonda nas relacións de parella a través dos sete pecados capitais. 

Os espectadores tamén se poderán achegar hoxe á nova montaxe do director brasileiro Roberto Cordovani, “Anne Sullivan e Helen Keller (a loita pola inclusión social)”, a historia dunha relación de complicidade entre dúas mulleres que sofren de deficiencias físicas e que combaten as dificultades de integración na sociedade norteamericana.

Atopar capítulo por: