CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Patrick Alfaya McShane, Fernando Epelde e Mr.Magoo

21/09/2016 21:00 h

Patrick Alfaya McShane, director da Fundación Scherzo e director artístico do ciclo “Enclave de Cámara”, será o entrevistado deste ZigZag para falar da vindeira tempada do festival musical. O ciclo chega á súa cuarta edición con importantes novidades. Por primeira vez contará coa Filharmonía de Galicia en formación de cámara. Ademais, haberá máis variedade instrumental, coa incorporación de solistas de piano ou quintetos de vento, e o repertorio será máis completo, con obras de épocas moi diferentes, desde Pietro Franceschini, do século XVII, a compositores contemporáneos como a neoiorquina Carolina Shaw ou Lalo Schiffrin.

Gozaremos coa reportaxe sobre “El mundo persistente”, o novo traballo musical de Fernando Epelde. Esta obra pretende abordar as relacións humanas no actual contexto de hipertecnoloxización, cando diferentes trebellos interveñen nas relacións de parella ou cando se dilúen as fronteiras da intimidade.

Na sección “Fondos Reservados”, Moncho Lemos falará dun clásico recuperado, Lloyd Cole, que visita Galicia para abrir a programación do Festival Sinsal Outono, en Vigo. O músico británico, que liderara o quinteto The Commotions, traerá o 29 de setembro á cidade olívica temas clásicos do seu repertorio das décadas dos 80 e 90.

Mr. Magoo será outro dos protagonistas co lanzamento do seu novo vídeo musical.

Atopar capítulo por: