Estache bo!
Pastel de grelos con gratinado de pataca
Ingredientes:
2 botes de grelos 400 gr de punta da croca 1 chourizo 150 gr de entreteto en taco desalgado 4 patacas 2 ovos Noz moscada 1 noz de manteiga 200 ml de leite Sal Aove
Elaboración:
Para montar o pastel de hoxe, precisamos cocer as patacas, escoalas, machucalas e facer o puré incorporando sal, pementa, manteiga, noz moscada e leite. Nunha tixola rustrimos o chourizo e o entreteto. Retiramos o exceso de graxa e incorporamos a carne, e despois de cocela dous minutos, incorporamos os grelos. Remexemos ben, montamos o pastel, gratinamos no forno ata que colla cor, empratamos e listo para comer…!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en O Rosal, Pontevedra, a Antón Fonseca, o vicepresidente de A Rosaleira, quen nos falará do produto estrela de hoxe: os grelos.