CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Paso o verán nun cámping

28/07/2018 15:30 h

Pola tranquilidade, o contacto coa natureza ou a relación case familiar que se crea. Hai moitas razóns para pasar o verán nun cámping. É a opción que moitos escollen para gozar das súas vacacións. Hai quen bota tres meses durmindo nunha caravana e quen monta unha tenda e desconecta durante uns días. 
O programa “Vivir Aquí” visita este sábado algúns dos cámpings pioneiros da costa galega e outros que se abren ás novas tendencias no mundo da acampada. Dende Rinlo ata A Guarda, xunto ás augas tranquilas da ría de Arousa ou ao carón das ondas e os cantís da costa ártabra. 

Atopar capítulo por: