Coa luz do corazón
Paseando nun soño
25/03/2023 19:00 h
Quizais hoxe sexa un día especial para Corina e ela aínda non o sabe, pero de momento non imos descubrir que é iso que, ao suceder, fará especial o seu día. Un soño especial de Corina é poder conducir un coche, pero iso entendemos que é un imposible para unha persoa cega.
Con Corina imos ir a un circuíto onde se dan clases de técnicas de perfeccionamento da condución, e alí vai ir nun coche conducido por un piloto de rallys.