CRTVG

Buscar

Buscando Ardebullo

Parga

01/03/2016 22:30 h

Na edición desta semana, os tres protagonistas visitarán Parga, no concello lugués de Guitiriz, unha vila moi coñecida pola súa estación de tren, polo seu río cheo de troitas e pola súa feira de tradición centenaria. Touriñán e Pereiro pai e fillo queren coñecer estas realidades, pero o que máis lles chamará a atención é o obsesionados que están alí cos ovos. Ata tal punto que decidirán ver se é verdade o que aparenta selo e farán un experimento que se desvelará no final do programa.
A gala, o espectáculo central de cada programa, será en Casa Comba, un dos templos gastronómicos de Galicia, en que Touriñán tivo unha moi mala experiencia cunha das súas especialidades.

Atopar capítulo por: