CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

Para mexillón, o noso (Cabo de Cruz)

13/08/2017 15:45 h

Os primeiros intentos de cultivo do mexillón en Galicia remóntanse ao ano 1932, aínda que non tiveron moito éxito. O segundo intento foi en Vilagarcía, cando se instalou a primeira batea en 1946. Ao ano seguinte xa se instalaron dez bateas máis neste porto, e a partir deste momento o cultivo do mexillón foi medrando ata chegar ás 3.500 bateas que existen hoxe en día en Galicia. 

Rivadulla Corcón diríxese ao porto de Cabo de Cruz, en Boiro, onde conversa cun dos bateeiros con máis experiencia nesta zona, Vicente Deira. O seu pai instalou unha batea en 1951, cinco anos despois de que se instalara a primeira. 

Óscar Domínguez é outro bateeiro con moita experiencia que fala da Festa de Exaltación do Mexillón que se celebra todos os agostos en Cabo de Cruz, onde se serven máis de cinco toneladas do molusco. 

Da construción e mantemento dos bateeiros encárgase o estaleiro Triñanes, onde traballa Eva Triñanes, orgullosa da súa orixe, neta e filla de carpinteiros de ribeira. Ademais, Antonio Fernández, que preside a Asociación de Cultura e Tradicións Mariñeiras Gamela, fala do tipo de gamela exclusivo do porto de Cabo de Cruz, da historia dunha gamela construída en 1947 e que o dono quixo chamar “Liberdade”, pero non llo permitiron e acabouse chamando “Esperanza”. 

Rivadulla Corcón conversa tamén con Isabel Sieira, traballadora das bateas, que cociña uns mexillóns cunha recita típica de Cabo de Cruz, que o equipo do programa degusta no porto, no barco bateeiro de Vicente Deira.  

Atopar capítulo por: