CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Panxón en Nigrán, Area en Viveiro e Lombiña-Cabío na Pobra do Caramiñal

14/07/2021 23:30 h

Comezamos polo sur, nunha das praias máis internacionais e con maior número de visitantes: a Praia de Panxón en Nigrán. Esta praia urbana moi próxima a vila, e na que atopamos moita variedade de actividades: dende un grupo de baile de hip-hop e breakdance que aproveitan o areal para ensaiar para campionatos nacionais, pasando pola previa dun campionato galego de volei praia e lembrando tamén Panxón como unha praia cinematográfica polo libro e filme “A praia dos afogados”. 

Visitamos a praia de Area no concello de Viveiro, está situada a 4 km da cidade e conta con 1150 metros de lonxitude e un ancho variable entre 40 e 90 metros, dependendo das mareas. Esta praia goza de excelentes accesos, un amplo paseo en paralelo, de toda clase de servizos turísticos (postos de socorro, hoteis, restaurantes, discoteca-pub, albergue xuvenil...) alta ocupación na tempada estival e augas transparentes e tranquilas. Atópase próxima á ladeira do monte Faro, nunha zona de abundante vexetación.

Na zona do Barbanza, na provincia da Coruña, descubrimos a Praia de Lombiña-Cabío na Pobra do Caramiñal. Comunmente chamada por todos os seus visitantes Cabío, existe o eterno debate sobre como se chama a praia realmente. É a máis coñecida e concorrida do concello. En forma de enseada, con base de area de cor branca e protexida. Ten unha zona arborizada conformada por un piñeiral que abraza o areal, que é un dos principais atractivos desta praia, pois permite pasar todo o día nela refuxiandose do sol nas horas que máis apreta. 

 

Atopar capítulo por: