Documental
Pandemias: As epidemias que arrasaron a humanidade I
28/09/2022 00:10 h
As pandemias sempre estiveron entre nós. Desde a primeira documentada, a peste de Xustiniano, ata hoxe son moitas as epidemias que sufriu a humanidade, algunhas ben curiosas e outras terriblemente letais, como a provocada pola varíola, que no século XX causou 300 millóns de mortos no mundo e hoxe é a única enfermidade erradicada grazas, en parte, á expedición galega que levou a vacina a América. Espazo relevante ocupan o cólera, a gripe de 1918, a poliomielite ou a sida, entre outras.