CRTVG

Buscar

Xente con oficio

Panadeiros

20/10/2018 20:20 h

Hai sabores que non se esquecen nunca. Un deles é o sabor do pan de verdade. E diso sabemos moito en Galicia, onde o gusto polo pan de calidade está máis vivo que nunca. O programa 'Xente con oficio' meterá hoxe as mans na masa para coñecer o traballo dos panadeiros.

O pan tradicional de codia tostada, miolo esponxoso e olludo forma parte do legado dos panadeiros de antes. A familia Moscoso Moure, que na súa panadería de Santiago de Compostela traballa para ofrecer cada día o mellor pan á súa clientela, é un exemplo da recuperación do gusto polo bo pan.

Atopar capítulo por: