Zigzag diario
OUFF, "Ser luz", "Tiempo vertical" e "Hermia & Helena"
O “ZigZag Diario” dedica o programa de hoxe ao Festival Internacional de Cine de Ourense, o OUFF. O programa cultural da Televisión de Galicia informará sobre todo o que está a acontecer nesta renovada etapa do evento, baixo a dirección de Fran Gayo.
Ademais, contará coa presenza no estudio de gravación con José Manuel Mouriño, director do documental “Ser Luz”, presentado no OUFF. A través deste traballo cinematográfico, o autor explora a obra do poeta e fotógrafo coruñés Vilariño, unha das figuras máis importantes da arte contemporánea actual de Galicia.
Ademais, o “ZigZag Diario” emitirá varias reportaxes desde o OUFF, con Lois Patiño, que amosa por primeira vez en Europa a súa videoinstalación “Tiempo vertical”, e Matías Piñeiro, director de “Hermia & Helena”, que estará na competición iberoamericana. “Hermia & Helena” é a última homenaxe a Shakespeare de Piñeiro, unha revisión de “Sono dunha noite de verán” baseada en anécdotas que lle sucederon a el mesmo nunha estancia en Nova York, onde tamén rodou a película.