Galicia On
Os sensores
11/03/2018 12:00 h
Os sensores foron evolucionando ata converterse nas pezas iniciais de sistemas complexos, que actúan coa realidade de forma autónoma. O programa “Galicia On” achégase hoxe ao fascinante mundo dos sensores para coñecer o traballo que está a desenvolver con eles o grupo Aeroespacial da Universidade de Vigo, dentro do seu proxecto “Lume 1”, que permitirá detectar incendios sen intervención humana.
A segunda cita do programa será coa Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), que traballa no FlyThings Surf, unha solución baseada nun hardware que incorpora elementos de sensórica para medir todos os movementos da táboa de surf na auga en tres dimensións.