Documental
Os segredos de Meirás
Os segredos de Meirás é un programa documental de 50 minutos que afonda na importancia deste espazo histórico dende diferentes focos. O primeiro: que se agocha tras os muros de Meirás? Despois da sentenza e da entrega da chave do inmoble aos galegos, queremos poñer en valor porque é importante o edificio, pero tamén o seu contido.
Esas torres son de por si un tesouro arquitectónico con todas as pegadas da historia, pero tamén unha sorte de elementos que sempre foron unha incógnita. Que obras de arte hai en Meirás? Teñen valor? Que engadiron os Franco? Como está distribuido o mal chamado pazo? Por primera vez se amosan con detalle espazos como cociñas, aseos ou zonas de xogos. O inventario, feito de urxencia, amosa case 700 obxectos, mobles ou obras de arte.