CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Os Reis do Land Rober

06/01/2016 22:00 h

 Cada semana miles de fans compiten por poder asistir de público ao programa “Land Rober Tunai Show” e, entre todos os seguidores, a Televisión de Galicia escolleu sete representantes para que decidan os contidos do programa deste día de Reis. Nesta noite máxica, o agasallo destes fans será un programa á súa medida porque eles son “Os Reis do Land Rober".
Veñen de toda Galicia, desde Betanzos ata Pontevedra e mesmo un deles viaxou desde Palma de Mallorca para participar nesta edición especial. Son os sete magníficos, os sete afortunados seguidores de “Land Rober” que tiveron o privilexio de pisar o estudio, de sentar no mítico sofá de Roberto Vilar e de ter nas súas mans o destino do programa.
Grandes seguidores do programa semana tras semana, as sete persoas elixidas escollerán as súas personaxes preferidas e cal foi o famoso que máis os sorprendeu, pero tamén revelarán que é o que non lles gusta do “Land Rober” e quen foi o famoso que non tería que ter pasado polo programa.
Coma sempre, o espazo da TVG contará tamén cos mellores sketchs de José Lanzao e João Simões, as personaxes estrela do programa, así como unha entrega de Fisherman e a comedia de situación dos Panchos, entre outros moitos contidos. 

Atopar capítulo por: