CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Os premios do Land Rober Tunai Show

04/01/2017 22:00 h

A Televisión de Galicia comeza o 2017 ao grande e con moito humor, cunha gala de premios do 'Land Rober Tunai Show' en que se elixirá un gañador en distintas categorías que fan referencia ás seccións e contidos habituais do programa. Un dos premios será para o mellor sketch da temporada. Tamén se premiará unha nova sección de chamadas que comezou o ano pasado e que regalou algúns dos mellores momentos do 'Land Rober Tunai Show'. Outras categorías en que se entregarán galardóns serán as do sketch en que máis difícil lles foi aguantar a risa ao equipo do programa, a dos mellores pintamonas de fóra de Galicia e do país. Así mesmo, outorgaráselle un premio aos gorrillas e ao mellor participante no 'De quen ves sendo?'. 

Atopar capítulo por: