Momentos G
Os perigos dos produtos de limpeza
Falamos dos produtos de limpeza. A semana pasada morreu un bebé por inhalar lixivia mentres gateaba.
Aprenderemos que facer para evitar que o suceso termine de xeito tráxico ou como manipular a lixivia ou o amoníaco.
En caso de que ocorra un feito similar ao do bebé, hai que ir ao servizo de urxencias máis próximo.
Hai que gardar os produtos de limpeza lonxe de alimentos e do alcance dos nenos, mantelos nos seus envases orixinais e seguir as recomendacións dos fabricantes.
Unha muller morreu tamén hai uns días ao inhalar amoníaco. Estaremos obsesionados coa limpeza? Falamos co dermatólogo Hugo Vázquez e cos nosos comentaristas Manuel López e Evelia Carballo.
Buscamos tamén o punto de visto dos sanitarios. Aténdenos Marta Pena, médica coordinadora de urxencias sanitarias de Galicia do 061.