Momentos G
Os perigos de que teñamos que dar marcha atrás nalgunha fase
10/05/2020 13:54 h
Estamos afeitos xa a falar de fases deste plan de desescalada. Todos queremos saber que se pode e que non se pode facer en cada unha delas. Pero coidado, porque isto non é un plan pechado, se hai un retroceso podemos volver atrás. Agora máis ca nunca non podemos nin debemos baixar a garda ou relaxarnos coas medidas de hixiene e seguridade. Alfredo Corell, inmunólogo, membro da Sociedade Española de Inmunoloxía, explícanolo.