Momentos G
Os peches perimetrais polo coronavirus inflúen nas relacións sexuais
14/02/2021 14:01 h
No mes de xuño o Goberno do Reino Unido prohibiu ter sexo entre persoas non conviventes para evitar a propagación da covid-19, unha norma do executivo de Boris Johnson que suscitou numerosas reaccións dos británicos, moitas delas en ton de broma.
Con todo, a polémica e o debate quedaron abertos e están agora máis de actualidade ca nunca debido ás restricións máis estritas que pechan perimetralmente os concellos, algo que tamén inflúe nas relacións sexuais. De que maneira? Ímosllo preguntar a Lucía Álvarez, psicosexóloga.