CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Os Mestre Mateo / Xesús Constenla / Laureano Araújo / “Ovella descarreirada” / Morren Günter Grass e Eduardo Galeano

13/04/2015 21:00 h

Os espectadores do programa “ZigZag Diario” coñecerán hoxe a nova novela de Xesús Constenla, que estará presente no estudio de gravación. O escritor ferrolán retorna á narrativa con “Apoteose das perchas”, unha historia rocambolesca en que se agocha unha lectura crítica sobre as aparencias e a identidade. Esta novela curta, que o autor define como “Divertimento napolitano”, conta a historia de Tommaso Bonnano, un mendigo que anda tirado polos barrios napolitanos.

 

Este luns tamén se asomará á fiestra cultural de “ZigZag Diario” unha nova voz da poesía galega: a do profesor e tradutor Laureano Xoaquín Araújo Cardalda, gañador do Premio de Poesía Gonzalo López Abente con “Os días condenados: fragmentos para un devocionario”, un poemario construído a base de citas que abren a porta ás distintas partes do libro.

 

A poesía tamén será protagonista noutra das reportaxes do programa, pero neste caso a lírica para nenos e nenas. O espazo presentado por Pilar G. Rego achegarase á nova proposta de Marilar Aleixandre, “Ovella descarreirada”, composta por 33 poemas que  convidan a abandonar o camiño agardado e que seguen a liña que xa é o fío común de boa parte da súa obra: a deconstrución e reelaboración de mitos.

Atopar capítulo por: