Momentos G
Os guateques, unhas festas de hai médio século
15/02/2020 14:22 h
É unha palabra que pouco se emprega hoxe en día, pero que nos anos 60, ata principios dos 70, era un imprescindible para os mozos a estas alturas da fin de semana... escoitar música, bailar, comer e beber... socializar, en definitiva. Nesta época na que o contacto persoal moitas veces está diluído nas redes sociais queremos volver sentir algo daquela maxia que tiñan os guateques. Facémolo con dous asiduos Chema Ríos, membro dos Linces Pop, e Manuel Orío, do grupo La Comisaría.