Zigzag diario
Os Goya, Bieito Iglesias, Colm Tóibín e Luís García Mañá
O programa “ZigZag Diario” falará hoxe co autor do libro “O Ouro de Ourense”, Bieito Iglesias. Esta publicación presenta fotografías de Xulio Gil e nel faise un percorrido, a través dunha visión persoal do autor, pola historia, literatura e as imaxes da capital das Burgas.
Por outro lado, o espazo da tvG2 presentará unha reportaxe con Colm Tóibín, que recolleu o premio San Clemente a semana pasada por “El Testamento de María”, un sorprendente e duro monólogo da Virxe. Tóibín tamén falará do seu país de orixe, Irlanda, e de literatura no “ZigZag Diario”.
A segunda proposta de reportaxe de hoxe é a novela de Luís García Mañá “Por que as sombras non teñen ollos”, que parte dun feito real. Este traballo sitúase no ano 1944, concretamente no accidente do bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelado na Serra de Pena, na fronteira con Portugal. Ese feito desencadea o resto da historia, a cal debullará o seu autor nesta reportaxe.