Zigzag diario
“Os Fillos da Fame”, “Bebidas isotónicas e fast food” e Salón da Literatura Infantil e Xuvenil de Pontevedra
18/04/2016 21:00 h
O cultural da tvG2 trae para hoxe diferentes propostas para ler, entre as que destaca “Os Fillos da Fame”, un poemario que vén presentar hoxe ao estudio Ismael Ramos, o seu autor.
A seguinte proposta vén en forma de reportaxe. O equipo do programa falou con Álex Alonso, gañador do premio Ánxel Fole de Relato Curto con “Bebidas isotónicas e fast food”, unha compilación de trinta relatos breves que botan unha ollada sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo.
O “ZigZag Diario” estivo tamén no Salón da Literatura Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que permanecerá aberto ata o próximo día 23.