Momentos G
Os concellos ribeireños do Ulla queren promocionar os sendeiros deste río
De natureza, de rutas e de ríos, en concreto do Ulla. Diso vai a nosa próxima reportaxe. Unha aposta por camiñar á beira dun dos ríos máis caudalosos e salmoneiros do noso país.
Dende os montes de olveda, lugar do seu nacemento no concello de antas de ulla, ata a súa desembocadura na ría de Arousa, o Ulla percorre 132 quilómetros por terras de Lugo, Coruña e Pontevedra. A súa cunca é a segunda máis importante de Galicia despois do Miño e dende sempre foi popular polos seus salmóns troitas e tamén lampreas. Isto, e sobre todo a riqueza natural das súas ribeiras, levou aos vinte concellos por onde pasa o río Ulla a construir un programa conxunto de sendeirismo.
Mentres ese gran itinerario non se homologa as rutas parciais polos concellos ribeireños comezaron este ano en maio en monterroso e prolongaranse ata o 5 de novembro en Rianxo. Pretenden ser algo máis que meras camiñadas. Queren descubrir todo o patrimonio natural e etnográfico das ribeiras do Ulla, que non é pouco.
No centro de interpretación do Ulla en Touro pode un informarse destas rutas e doutras actividades relacionadas co río. Dende o centro queren sensibilizar da importacia que ten coidar dos nosos sendeiros ribeireños tanto por parte dos camiñantes como dos concellos que deben mirar por mantelos limpos
Areas recreativas, fervenzas, bosques autóctonos son atractivos de sobra para camiñar á beira do Ulla e gozar sen mais de natureza.