CRTVG

Buscar

Documental

Os Botiforas

19/10/2022 00:10 h

Mediante a recreación de situacións cotías de tempos pretéritos no rural de Galicia, reviviremos aspectos coma o ciclo anual de traballos agrícolas ou outro tipo de traballos e o momento lúdico posterior a estes traballos. Eran estes momentos de “troula” os chamados 'Os Botiforas'.

O atado das viñas, a sementa do millo, a sega ou a muiñada eran argumentos para que ao remate houbese motivos de celebración e un merecido lecer. Todo perfectamente documentado e relatado polo propio Xavier Blanco, erudito da música de raiz e estudioso da tradición no País. Xavier está presente no documental que emprega unha narrativa que traspasa o espazo e o tempo. Un traballo musical e antropolóxico conducido por un Tesouro Vivo: Xavier Blanco.

Atopar capítulo por: