Os Bolechas no cole
CEIP Antonio Fernández López (Sarria)
05/11/2021 16:06 h
No CEIP Antonio Fernández López (Sarria) teñen unha habitación para viaxar no tempo e no espazo. Alí poden percorrer o mundo enteiro, e ata ir ao espazo exterior. Van contarnos o seu segredo… E no experimento final veremos como botar auga sobre un calcetín sen que o atravese.