Os Bolechas no cole
CEIP Saco e Arce (Toén)
05/11/2021 16:06 h
No CEIP Saco e Arce (Toén) teñen un proxecto sobre a época dos bisavós e as bisavoas, cando non había tele para ver que tempo ía facer, nin GPS nin moitas cousas que agora usamos a diario. Van ensinarnos como facían sen elas. E no experimento final veremos que pasa co millo na auga e nun líquido con gas.