CRTVG

Buscar

Galicia 4.0

Os asentos dos automóbiles e a calidade da lousa

20/10/2016 18:45 h

O programa da Televisión de Galicia acompañará un profesor de autoescola, que pasa centos de horas sentado ao volante, na súa visita a unha compañía galega onde se empregan as últimas tecnoloxías para fabricar os asentos dos automóbiles.

Tamén coñecerá un simpático arquitecto, cuxa experiencia o ten levado a atinar sempre cos mellores materiais á hora de realizar unha vivenda.

A lousa, pola súa calidade, é un deles. Para descubrir o interesante proceso produtivo deste material, o espazo da canle pública dedicado ás novas tecnoloxías e á innovación visitará unha canteira da comarca de Valdeorras, en que unha compañía extrae e trata a lousa que formará parte das vivendas de gran parte do mundo.

Atopar capítulo por: