Os andamios da historia
Programa 8: Mosteiro de San Xiao de Moraime
06/08/2022 10:00 h
O templo parroquial de San Xiao de Moraime, no concello de Muxía, foi un mosteiro medieval da orde de San Bieito. O abandono que sufriu despois da desamortización, contribuíu á desaparición das estruturas monacais, quedando tan só a igrexa. No interior da igrexa, destaca un conxunto de pinturas murais do século XVI, cun tema pouco habitual en Galicia: a representación dos sete pecados capitais.