CRTVG

Buscar

Documental

Onde máis doe

21/12/2022 00:10 h

Logo de ameazar durante anos a súa exparella, M.M. asasina a golpes de pa o seu fillo de once anos. Un ano despois, un xurado popular condénao por asasinato (matar facendo uso pleno das súas facultades) e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar a nai.

No feito en que nos baseamos concorren a violencia, o acoso, o asasinato dun neno para danar a nai e a ameaza de morte que aínda pende sobre a muller. 'Onde máis doe' é unha película sobre a violencia de xénero que pretende estar nas antípodas do tratamento sensacionalista con que adoitan tratarse estes dramas.

Atopar capítulo por: