Ondas novas
Programa 4: Davide Salvado e Laura Lamontagne & Picoamperio
04/05/2023 00:10 h
Davide Salvado, cantante de referencia do panorama musical galego e amante do rural galego, abre este capítulo. Aprenderemos como, dende o seu paraíso preto de Palas de Rei, compaxina a súa faceta artística coa vida agrícola e, sobre todo, coa súa paixón: os cabalos.
A segunda parte do capítulo está dedicada a Laura Lamontagne e Picoamperio, un dúo electrónico-voz que basea o seu repertorio nunha curiosa adaptación pop da lírica medieval.
Na terceira parte, Davide Salvado e Laura Lamontagne & Picoamperio interpretan unha canción conxunta e debaten sobre a actualidade da música galega.