CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Olivia Rodríguez, "Mimosas", "La venganza de una mujer", Sonia Levedynski e DOA

29/05/2016 00:45 h

“Zigzag-Eirado” entrevistará este sábado a profesora da Universidade da Coruña Olivia Rodríguez, experta na obra de Camilo José Cela. Este mes cumpriuse o centenario do nacemento do premio Nobel, motivo polo que o programa conversará coa filóloga e ensaísta sobre o traballo literario e vida do autor. No apartado de cine, o espazo cultural da tvG2 falará de dúas estreas de carteleira e da obra de Oliver Laxe “Mimosas”, recentemente premiada no Festival de Cannes e participada pola Televisión de Galicia.
O programa tamén falará esta noite da película “La venganza de una mujer”, que adapta un dos contos máis populares do escritor francés Barbey d´Aureville, do seu libro “Les Diaboliques”, e de “Mas allá de las montañas”, un filme chino que narra a historia de amor de Tao, unha moza de Fenyang, cortexada por dous amigos da infancia, Zang e Lianzi. 
No apartado musical, o “Zigzag-Eirado” farase eco do lanzamento do novo disco de Sonia Levedynski, a que fora durante unha década cantante de Fía na Roca. Tamén lanzan novo traballo o grupo folk Oîma e Selvática
Pola súa parte, Moncho Lemos falará de música medieval galega. O grupo DOA leva este xénero ás súas formas máis propias e orixinais.

Atopar capítulo por: