CRTVG

Buscar

Oh happy day

Oh happy day!: A final

16/07/2015 23:00 h

El Acorde Secreto da Coruña, o Coro Encaixe de Santiago e o Coro Coda de Vilagarcía chegaron á gran final, pero só un será o gañador do gran premio de 12.000 euros.

Cada coro interpretará dous temas en rigoroso directo. Un será novo e preparado exclusivamente para a final, mentres que o outro será un mix de dúas cancións interpretadas en programas anteriores.

Nesta última gala tamén haberá novidades á hora de avaliar os coros. Por unha parte, estará o xurado formado por Najla Shami, Eva Perales e Ramón Bermejo, e, pola outra, estarán as directoras e directores dos coros que foron eliminados durante o concurso: Sisters in the House, Obradoiro Vocal A Vila, Coral Alecrín de Brión, Vía Sete e Coral Alameda.

Atopar capítulo por: