CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

O turismo de festivais consolídase como un atractivo máis para visitar Galicia no verán

30/06/2019 13:53 h

Estamos ás portas do mes de xullo, metidos xa no verán, ademais semella que as temperaturas están sendo as habituais nestas datas, así que xa comezan a encherse moitos areais e vilas e cidades galegas. Aínda que estes días tamén viamos moitos turistas que gozaban da nosa terra precisamente polo fresco dos termómetros comparado coa calor extrema que vive boa parte de España e tamén de Europa.

Sexa como for, a nosa comunidade consolídase como un destino de referencia, con actividades que tamén no verán nos ofrecen máis posibilidades ademais da praia e do sol propios desta época. Ímolas coñecer con Nava Castro, directora de Turismo de Galicia

Atopar capítulo por: