Documental
"O tren que me leva"
01/01/2015 23:30 h
A Televisión de Galicia lembrará esta noite unha das figuras máis senlleiras da música galega co documental “O tren que me leva”, unha achega de Anxo Fernández á figura humana e musical de Andrés Dobarro, o cantante e compositor ferrolán que levou a lingua galega á cima das listas musicais dos anos 70.
Os espectadores coñecerano a través de imaxes de lembranza, concertos e testemuñas privilexiadas, como a súa familia e os letristas Xavier Alcalá e Xosé Manuel Silva. Tamén interveñen no documental Nonito Pereira, Xosé Luís Blanco Campaña, Xoán Rubia, Manuel Torreiglesias, Pepe Domingo Castaño e o finado Joaquín Luqui, entre outros.