CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“O tempo das mareas. María Casares e Galicia”, “Masculino Singular” e “Labrego con algo de poeta”

25/04/2016 21:00 h

Unha das páxinas do programa de hoxe estará escrita pola autora María Lopo, que vén ao estudio para falar do seu libro “O tempo das mareas. María Casares e Galicia”, unha novela a que rescata a Galicia que Casares levou cara ao exilio. 
O verso é outra das propostas de hoxe, xa que o programa achegarase ao libro “Masculino Singular”. Este poemario de Carlos Negro plasma unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. 
Outra das obras das que falarán hoxe é a biografía que Mercedes Queixas escribiu sobre Manuel María baixo o título “Labrego con algo de poeta”, publicado por Galaxia Editorial. 

Atopar capítulo por: