CRTVG

Buscar

Especial

O son das letras

16/05/2016 23:00 h

Desde o Auditorio Mar de Vigo, concerto “O Son das Letras”, dedicado a Manuel María, autor homenaxeado o Día das letras galegas.

SonDeSeu, a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galicia, dirixida por Rodrigo Romaní, está acompañada no escenario por Treixadura, Rosa Cedrón, Uxía Senlle, Sergio Tanus, Chisco Feijóo, Toño Domínguez, Antón Seoane e a cantante e pianista afrocubana Diana Tarín, entre outros. 

Antonio Durán “Morris” e María Vázquez son os mestres de cerimonias dunha gala vertebrada arredor dos poemas do autor homenaxeado, que len tamén os propios presentadores.

Atopar capítulo por: