O son da ribeira
Programa 25: Sedia-m' eu na Illa de San Simón
20/11/2021 11:00 h
A maxia da música e a literatura galega en irmandade coa cultura mariñeira na Illa de San Simón, coas diferentes versións do poema de Mendinho, como a feita por Amancio Prada. Da figura enigmática de Mendinho imos falar coa escritora Marta Dacosta.
Unha versión moi persoal interpretan Clara Pino e Pablo Vidal. O mariñeiro Xoel Schward é o patrón maior e fálanos da importancia pesqueira da Illa de San Simón para o porto de Cesantes. De como é a actividade pesqueira neste porto tamén falamos con Lupe Bouzón, que ademais vai desvelar un sercretiño sobre os chocos.
O grupo senlleiro na nosa música Doa tamén ten unha fermosa versión de Sedia-m'eu na ermida de San Simion, Que tamén interpreta no proxecto musical Cores do Atlántico Socorro Lira.