CRTVG

Buscar

O son da ribeira

Programa 24: Cancioneiro das traballadoras das conservas

13/11/2021 11:00 h

A importancia das conserveiras en Galicia pódese medir tamén polo valor do cancioneiro composto polas cantigas que crearon as traballadoras. Recollida destas cantigas fixo o Coro Boghino de Caión que interpretará varias delas.

E queremos coñecer como era a vida das mulleres nas conserveiras, e recuperamos as conversas con Lidia Gracía, que traballou nunha fábrica de Canido en Vigo. Con Fita Malvido que traballou na factoría de Massó en Bueu.

Nesta factoría tamén traballo Mucha Leal, e con ela percorreremos o Museó Massó. A Coral Polifónica de Bueu tamén ten no seu repertorio cancións das conserva. O século pasado existiron conserveiras en case todas as vilas mariñeiras, e sobre a fábrica de O Vicedo falamos con Susana Riveira.

Escoitaremos unha canción interpretadas por dúas traballadoras, Purita Bemposta e Carmiña Couso, que traballaron en fábricas en Vilaxoán

Atopar capítulo por: