CRTVG

Buscar

O son da ribeira

Programa 23: Maneo de Caión

06/11/2021 11:00 h

E a música de Caión tráenola o grupo Aquel de aquelar, ao ritmo tradicional do Maneo. Tamén o grupo Tanxugueiras interpretan este maneo e ademais de escoitalas imos falar con elas, con Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro.

E xa que estamos en Caión queremos coñecer a súa historia pesqueira, e por isto imos ir visitar o Arquivo da Pesca, onde nos agarda Marcos Casdelo. Máis música de Caión escoitaremos coas cantareiras de Vides Novas.

E da actualidade pesqueira deste porto imos falar coa patrón maior Héctor Morgade. Maraghota, ademais de ser un peixe, é un grupo de rapazas que fan unha versión moi alegre da canción quer nos trae a Caión. E como este foi un importante porto baleiro ata o século XVIII, bo será que botemos luz sobre a vida das baleas e imos facelo con Alfredo López da Coordinadora de Estudas dos Mamíferos Mariños.

Atopar capítulo por: