CRTVG

Buscar

O son da ribeira

Programa 22: María Soliña

30/10/2021 11:00 h

María Soliña é historia pero tamén mito, e despois de Celso Emilio Ferreiro é un canto poético que musicou, entre outros Amancio Prada, un dos primeiros. Compre falar do poeta e o seu poema e facémolo co critico literario Ramón Nicolás. As mulleres de Cangas son as continuadoras do mito de María Soliña, peixeiras como Lidia García, redeiras como Pili Nogueira ou mariñeiras como Marisa Paz. O canto traeno Luar na Lubre, e Varalonga, que canta a María Soliña, pero versionando un poema de José Santos, e fálanos deste poeta Cangués Heitor Mera. E os veciños de Cangas cantan a María Soliña formando parte do Coro Mornura.

Atopar capítulo por: