Momentos G
O segredo para tomar un café con aroma perfecto
26/10/2019 14:30 h
Os máis coñecidos de Colombia, o Brasil ou Guatemala, variedades africanas de Tanzania ou Kenia, e outras máis exóticas como o de Xava e mesmo un das illas Canarias... dunha ou doutra orixe, o café é un dos elementos imprescindibles para moitos durante o día, sobre todo a primeira hora da mañá. De seguro que vostedes teñen ese lugar ao que acudir para tomar un café co sabor e o aroma perfectos, pero podémolos conseguir tamén na casa? Se hai algún segredo, hoxe intentamos coñecelo da man de todo un experto neste mundo, Óscar de Toro, barista e propietario dun dos establecementos con máis tradición e sona de Santiago.