CRTVG

Buscar

Desenredando a Rede

O replicante

28/10/2016 18:45 h

Os expertos do programa falan de como a tecnoloxía mellorou de forma substancial o día a día das persoas con diversidade funcional. Coñecemos a David Gil, un rapaz que grazas á tecnoloxía pode comunicarse co mundo que o rodea. 

Piruca e Marichita aprenden a ser mellores youtubers da man de Wismichu e organizan o seu cuarto para que estea á altura dos mellores influencers da rede. 

Os “Nan@s” do programa teñen entre as súas mans unha máquina de escribir, un trebello que non acaban de entender sen unha pantalla que o acompañe. Na sección de I+D+i, a protagonista é a cociña. Pepe Solla prepara unha innovadora receita empregando exclusivamente produtos da terra, pero non de calquera tipo, senón produtos compostos por I+D+i. 

A xente da rúa enfróntase a 3 palabras novas: bashtag, cibercondría e xoxo. Saberán o que significan?

Atopar capítulo por: