Sopa de festa
O porco celta
O porco celta é unha raza autóctona recuperada hai anos que os gandeiros estiman cada vez máis.
Para coñecer un pouco máis sobre o porco celta, as súas principais características, alimentación e coidados, o equipo de “Sopa de Festa” trasladouse ata a localidade lucense de Triacastela para visitar a quinta de Coporcel. Alí, o veterinario Gonzalo López explica como se crían estes animais.
Cárnicas Teijeiro é unha empresa especializada na elaboración de todo tipo de produtos curados e salgados de porco celta. Con Óscar Moreno, o xerente da empresa, aprendemos os distintos procesos de elaboración e curación de embutidos desta especie.
E por último, o equipo de trasládase ata os fogóns. Desde o restaurante España de Lugo, o seu cociñeiro, Héctor López, prepara unha saborosa peza de porco celta.