Por algo será!
O polbo
“Por Algo Será!” comezará cunha primeira entrega dedicada ao polbo. Nesta ocasión, Beatriz Campos marchará á costa de Suevos, onde Xosé Rodríguez, Mané, cazador de polbos, lle falará das distintas técnicas para atrapar o animal e responderá a preguntas da reporteira coma se escasea nas costas galegas, se é perigoso ou por que hai que mazalo. O pescador invitaraa despois a visitar o Acuarium Finisterrae, na Coruña, onde unha manada de polbos viven en catividade. Da man do biólogo do centro, Carlos García Soler, a presentadora de “Por Algo Será!” descubrirá que o polbo é un molusco intelixente, con memoria, tres corazóns, varios cerebros e que se atopa entre as especies que lograron sobrevivir aos dinosauros.
Con toda esta información, a reporteira intentará responder unha das preguntas gastronómicas clave: prepárase mellor o polbo na costa ou no interior? Para iso visitará a feira de A Peroxa, onde falará coa polbeira Isaura González, dunha familia de polbeiros de Arcos-Carballiño con máis de 150 anos na profesión.