CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

Achegámonos ata Suíza, Taiwán e Caracas

19/01/2016 22:30 h

Temos historias como a dos Rodríguez Vázquez, unha familia do Ézaro, Dumbría, dividida entre Suíza e Galicia. No pequeno cantón de Appenzell Ausserrhoden coñecemos a Natalia Rodríguez, que leva dous anos vivindo alá, nunha zona de gandería e pastoreo semellante a Galicia, pero con máis frío e neve. E no estudio está a súa irmá, Tamara, que volveu a Dumbría despois dun tempo en Suíza, un país onde xa estivera antes o seu pai. 

Viaxamos ata Taiwán da man de Alba Blanco, unha ourensá que estuda un mestrado de negocios alá, e de Raquel Simón, unha pontevedresa que viviu en Taipei unha temporada e que con 24 anos é todo un exemplo de superación: con 11 anos diagnosticáronlle unha enfermidade que case a deixa cega, pero grazas á súa familia e á súa paixón por viaxar e pola cultura asiática conseguiu non derrubarse e saír adiante. 

Falamos tamén cunha das actrices venezolanas máis famosas e admiradas: Marina Baura, unha galega que marchou hai preto de 60 anos para Caracas e que acabou por converterse en toda unha diva das telenovelas venezolanas.

Ademais, veremos como foi a experiencia de Pili Pampín acompañando a Katy Tráiler no seu camión.

Atopar capítulo por: