CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

Achegámonos ata O Porto, Nova York, Hong Kong e a Antártida

12/01/2016 22:45 h

Viaxamos ata Portugal para coñecer a historia de Menchu Baladrón, unha ourensá que está rematando a carreira de Enfermería en Portugal e que ten boa maña na cociña; cociñando un caldo verde e un bacallau ben apetitosos.

Recibimos no plató a Tono Beiro, un veciño de Louro que fixo realidade aquilo do soño americano: emigrou a Nova York coa súa muller e cun bebé de once meses. Ían coa idea de pasar 3 meses e acabaron botando case 30 anos, un tempo en que pasou de traballar como pintor no barrio de Harlem a converterse en supervisor no ámbito da construción.

Vén de visita o actor e produtor galego Rubén Riós xunto cos seus pais, Hermógenes e Pacita, dous veciños de Riós que saben ben o que é emigrar.

Conectamos con Hong Kong para ver como vive alí Francisco Pazos, un vigués que dirixe unha escola de hostalería nesta rexión chinesa, e miramos cara ao París-Dakar para coñecer un dos seus protagonistas, Fran Gómez Pallas, un auténtico campión galego de motocrós, natural de Carballo, que este ano non puido estar na carreira, pero que xa prepara a edición do ano que vén.   

Saudamos tamén aos membros do Exército de Terra despregados na Antártida, na base “Gabriel de Castilla”, para saber como é a vida na Illa Decepción, onde existe un volcán activo.

Atopar capítulo por: